Chitlin' circuit

Chitlin' circuit era o nome co cal se coñecían un conxunto de locais dos Estados Unidos (como por exemplo o Cotton Club ou o Victory Grill) no cal os músicos, actores e calquera outro tipo de artistas e intelectuais afroamericanos eran libres de expresarse e exhibirse no período da segregación racial estadounidense.

O nome deriva de chitterlings, un prato a base de tripas de porco guisado ou en sopa, consumidos como entrante na soul food,[1] o conxunto dos pratos tradicionais da comunidade afroamericana dos estados confederados.

En pouco tempo, o Chitlin' Circuit converteuse nunha especie de canteira de talentos na que artistas con azos de converterse en estrelas farían os seus primeiros pasos. Neste tipo de locais comezaron como Louis Jordan,[2] Cab Calloway, Duke Ellington, James Brown,[1] BB King,[1] Jimi Hendrix, Nina Simone,[1] Ray Charles,[1] Aretha Franklin,[1] The Supremes, Ike & Tina Turner, George Benson, Dr. Lonnie Smith, Gladys Knight[1] & the Pips, Otis Redding, The Isley Brothers e mesmo expoñentes da corrente máis comercial da música "black" como Patti LaBelle e The Jackson 5.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 (en inglés) Opie, Frederick Douglass. «The Origins and Meanings of Soul and Soul Food» en Hog & Hominy: Soul Food from Africa to America páx. 121. Columbia University Press Arquivado 23 de xuño de 2010 en Wayback Machine. En Google Books. Consultado o 19 de decembro de 2012.
  2. (en inglés) «‘The Chitlin’ Circuit’ by Preston Lauterbach, about pre-rock black music.» The Washington Post. Consultado o 19 de decembro de 2012.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search